Certas teorías e certas prácticas sociais tenden a concibir a sociedade como unha especie de agregado de individuos illados e autosuficientes, pequenos átomos independentes entre si que só atopan no mercado un espacio axeitado de interacción. Unha cidade como Vigo encarna bastante ben ese modelo social, que ten como unha das súas características principias a supresión do "espacio público" tanto no físico como no simbólico. A xenté que visita Vigo por vez primeira síntese un pouco perdida, pois non existe na nosa cidade ese espacio de referencia, a Praza Maior ou a Praza do Concello, sucesor moderno da ágora ou do foro grecorromano, ou do adro expandido dos burgos medievais. O trazado urbano do Vigo moderno non deixou sitio para un espacio público cualificado e considerado como tal polos cidadáns. E a súa ausencia física é tamén unha ausencia cultural e simbólica que actúa día a día sobre as nosas vidas.
Boa parte do malestar endémico que os vigueses experimentan cara á súa propia cidade ten algo que ver con esa ausencia de espacio público. E espacio público quere dicir vida pública, participación cidadá, debate libre e aberto, e implica unha idea da democracia e da cidadanía moito máis rica que a encarnada polo cidadán pasivo, polo cidadán – consumidor que, se non se lle estraga o día de praia, exerce nas urnas cada tanto tempo o seu dereito a participar na vida da comunidade. Vigo necesita un renacemento do seu espacio público. E o asociacionismo é unha moi importante aportación a ese proceso, un indicador de dinamismo social e de calidade de vida democrática.
Ou moito nos equivocamos ou o novo goberno municipal quere incorporarse tamén a ese empeño e converterse nunha instancia participativa, xerador de debate e convivencia, impulsor do diálogo cidadán e do rexurdir cultural de Vigo e de Galicia.
Fai uns día o Director Xeral para o Libro, do ministerio de Cultura, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmaron a decisión de ubicar a Biblioteca estatal na Praza Mayor ou do Concello, e isto adquiere unha decisiva prolongación na acción cívica a través do compromiso cultural, e tamén do directamente político, a prol dunha cidade e unha Galicia ilustrada, democrática e consciente de si mesma. Desde a condición de instrumento para a recuperación do espacio público e para a promoción duna cultura cívica plural e participativa, a Asociación Gran Vigo, capaz de aglutinar a tantos vigueses en torno os seus proxectos, valora esta iniciativa da alcaldía como moi positiva.
sábado, 10 de noviembre de 2007
Biblioteca estatal en Vigo: Asociación Gran Vigo, capaz de aglutinar a tantos vigueses en torno os seus proxectos, valora esta iniciativa da alcaldía
Gran Vigo,Nelly Pérez, Giráldez,Foro,Metropolitano
Abel Caballero,
Biblioteca estatal,
Gran Vigo,
Praza Maior
Suscribirse a:
Entradas (Atom)