lunes, 25 de junio de 2007

Vigo: Breve Historia

Historia de Vigo. Para más información acceder desde la barra de la derecha a los enlaces interesantes y a los videos.

Vigo, que é cidade dende o ano 1816, estivo habitada polos castrexos e os romanos, que deixaron moitas pegadas artísticas.

Vigo, coma a maioría dos portos galegos, sufriu frecuentes ataques por mar, sendo o duque de Lancaster e Sir Francis Drake os asaltantes máis coñecidos. Tamén a Guerra da Independencia tivo aquí un dos seus escenarios galegos, ao ser a cidade ocupada polos franceses no ano 1809 e liberada polos exércitos de Morillo e Cachamuíña.

Ademais, esta cidade dependía da mitra compostelá, o que privou ao seu porto das concesións ao comercio ultramarino outorgadas ás vilas costeiras de reguengo. Isto determinou que non ocupase un lugar destacado ata que a navegación comercial se liberalizou no ano 1778. No século XVIII houbo algúns intentos de industrialización que non prosperaron.

Un feito relevante para o porto tivo lugar no século XIX, cando se autorizou o establecemento dunha leprosaría na illa de San Simón que, dadas as frecuentes corentenas ás que estaban sometidos os navíos da ruta americana, viña ser un elemento indispensable para todo porto que quixese entrar nas vías marítimas de percorrido longo. Un feito decisivo foi o establecemento de empresarios cataláns que aplicaron as novas técnicas e a organización empresarial á elaboración da sardiña, creando a base manufactureira da cidade moderna. Iniciouse así un proceso histórico caracterizado polo forte desenvolvemento da economía urbana e a formación dun primeiro capitalismo mercantil. A historia de Vigo pasou a ser a dos comerciantes e industriais que engrandeceron a cidade e lle deron ese impulso que o converteu no grande centro de iniciativas e de capital dentro dunha Galicia adurmiñada.

A finais dos anos 70, o eixo Vigo-O Porriño empezou a canalizar as dotacións sociais e comerciais, mentres a localización industrial ao longo do río Lagares, ao abeiro da nova cualificación do chan, remataría por contaminar un colector de tan reducida capacidade coma este. O novo eixo debería conectar co superporto a construír en Alcabre. Esta magna obra crearía a maior cantidade de chan gañado ao mar de toda a historia urbana, destinado a instalacións comerciais e industriais vencelladas á actividade portuaria.

Nos 80 as obras anteriores continuaron, sendo a transformación máis importante a construción dunha nova zona residencial na Dobrada e a consolidación do polígono de Coia. Foi unha década marcada pola crise, o peche de empresas, o conflito pesqueiro e unha xestión municipal nada afortunada